MEMORIA

A memoria, filla bastarda da verdade, rara vez me visita cando a clarividencia se apodera de min. Aparece como un rastro, como algo que permanece cando o tempo xa pasou. É caprichosa: garda o que quere, esquece o que debería lembrar. Estes poemas nacen dese territorio incerto. Non queren reconstruír nada. Son fragmentos. Instantes suspendidos. Porque a memoria, no fondo, é iso: non lume… senón cinza que aínda conserva calor. (Do libro Cando chove por dentro ou como mollar sen auga os sentimentos  no blogue recuncar.com

Deja un comentario